Comezamos o curso cunha boa noticia…

Setembro 18th, 2011
Posted in Sen clasificar
Comentarios desactivados en Comezamos o curso cunha boa noticia…

…pero queres sabes cal é a mala?


Vía Trafegando Ronseis

Nova páxina do instituto

Setembro 11th, 2011
Posted in Informática
1 Comment »

V Concurso de Pintura Manuel Rebón

Agosto 21st, 2011
Posted in Ares-Mugardos, Plástica, Premios
Comentarios desactivados en V Concurso de Pintura Manuel Rebón


Bases

Visita ao Museo Etnográfico de Meixido

Xullo 2nd, 2011
Posted in Actividades, Club de lectura, Historia
Comentarios desactivados en Visita ao Museo Etnográfico de Meixido

 

A última actividade do club de lectura levounos ata as terras do Ortegal. Narciso Luaces e Herminia Covelo abríronnos agarimosamente as portas do Museo Etnográfico de Meixido (Ortigueira) que é tanto como dicir da súa casa. Con paciencia e xenerosidade Herminia e Narciso dedícan os mellores anos da súa vellez a buscar, recoller e expor os obxectos que coñeceron desde a infancia.

Narciso e Herminia foron xuntando arreo desde 1999 unha colección que na actualidade xa supera as tres mil pezas de gran valor histórico e, en moitos casos, sentimental. Herminia e Narciso guían aos visitantes e ninguén coma eles para transmitir esa emoción polo coñecemento do pasado e facer do percorrido do museo unha vivencia única.

Ademais da súa sabedoría, Narciso e Herminia compartiron connosco unha doce infusión de herba luísa, desde agora bebida oficial do club e a lectura improvisada dunhas páxinas d´O carreiro. Memorias do tío Santos, o primeiro libro de Narciso. Anunciounos que xa ten outro no prelo sobre os oficios e que agardamos ver e ler proximamente.

Moitas grazas Narciso e Herminia; Herminia e Narciso.

Ligazóns:

Entrevista na Radio Galega. (mp3)
Entrevista con Narciso Luaces
Lectura da Romaxe a Santo André de Teixido. Biblioteca Virtual Galega

Avaliación da HORA DE LER

Xuño 29th, 2011
Posted in Actividades, Ensino
Comentarios desactivados en Avaliación da HORA DE LER

Durante as últimas semanas do curso realizamos un inquérito para coñecer o funcionamento e a opinión da comunidade escolar sobre a HORA DE LER . Obtivemos 83 respostas de alumnos/as  e 19 respostas de profesores/as. En xeral, os datos reflecten unha boa impresión da experiencia inicial deste ano, pero tamén algúns puntos conflitivos que cómpre solucionarmos para os vindeiros cursos.

Podes consultar todos os resultados e comentarios no seguinte enderezo.

Avaliación da HORA DE LER.pdf

Moitas grazas a todos/as pola colaboración. Feliz verán de libros e lecturas.

1º. PREMIO “Incubadora de Sondaxes e Experimentos”

Xuño 25th, 2011
Posted in Actividades, Matemáticas, Premios
Comentarios desactivados en 1º. PREMIO “Incubadora de Sondaxes e Experimentos”


Parabéns a Verónica, Andrés, Carlos, Carmen e Sergio de 2º. ESO  por acadar o primeiro premio no concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO. Estamos moi orgullosos porque sabemos de todo o esforzo e dedicación investido neste proxecto. Así nolo transmitiron tamén na presentación realizada no Acto Cultural “Móstrate, mestre”.
Parabéns á profesora María Martínez e a todo o departamento de Matemáticas.

Valoración de “Conta saldada” (4º-PDC)

Xuño 20th, 2011
Posted in Lecturas do alumnado, Narrativa
Comentarios desactivados en Valoración de “Conta saldada” (4º-PDC)

AUTOR: Suso de Toro

      Trata sobre unha familia que tiña unha filla chamada Catuxa. O seu pai tiña unha xestoría e a súa nai era mestra nunha escola. O pai non saia en todo o día da xestoria para atender e levarlles as contas aos seus clientes. Tivo un problema con un e matárono. A súa filla encóntrase coa alma do seu pai despois de morto e descobre cousas para rematar vingando a morte do seu pai.
       Pareceume un libro entretido e fácil de ler. Pensei que teria outro final. Non esperaba o que sucedeu…

MARCOS

     O libro en si está ben, soamente que o final decepcionoume porque eu pensaba que ía aparecer o pai agradecéndolle a Catuxa o traballo que fixera.
    Eu recoméndollelo a todos os lectores porque é moi entretido.

PATRI

 Wordle: Conta SaldadaConta saldada gustoume moito. Vese a valentía dunha nena para vingar a morte do seu pai. Corre moitos perigos, pero ela sabe como desenvolverse.
O final… como dicilo… pois non é moi bonito que digamos. Eu creo que estaba mellor se o pai lles falara e lles dixera algo, pero en fin, ese final tamén é válido porque vemos como se entenden os dous.
Recoméndollelo a todo o mundo que o lea porque de verdade é un libro que paga a pena.

ADÁN

 El libro no me gustó mucho porque yo me esperaba otro final.

Wordle: Conta saldadaMANUEL

   Pois, a verdade, o libro está ben. O final non é como esperaba. Eu pensaba que ía ser distinto, que o seu pai volvería a aparecer no ordenador para agradecerlle á súa filla a vinganza. 
   Cando o empezas a ler imaxínaste outra cousa e logo sorpréndeste co final.

ROCÍO

 

Juan Farias

Xuño 18th, 2011
Posted in Sen clasificar
Comentarios desactivados en Juan Farias
 
Desde as aulas do instituto que miran ao lonxe cara á terra de Serantes e con todo o mar que abraza Bezoucos, lembramos entristecidos ao grande escritor desta terra e deste mar, Juan Farias, falecido esta semana. 
 
 
Obras de FARIAS na nosa biblioteca
Páxina da Biblioteca Cervantes dedicada a FARIAS 
Fundación Sánchez Ruipérez

Bibliotecas de CEIP E IES de Ferrolterra

 

Un niño es algo muy serio, quizá lo más serio.
Un niño es siempre la esperanza de una revolución inteligente.
Se me hace que un hombre que deja de ser niño, no será nunca hombre, y menos aún un héroeY el Mundo, sin héroes, además de resultar aburrido, no irá a ninguna parte. 

 Enseñad a leer, os lo ruego.
Un niño que sabe leer, siempre querrá ir más lejos, más adentro por el pensamiento y las geografías.
Tengo la certeza de que la historia, el progreso, la esperanza, le deben casi todo a los sueños.

 (…)

 Enseñad a leer, por favor, enseñad a leer en los libros, en el viento, en los charcos de un día de lluvia, en el bosque y en la luz, enseñad a leer, os lo ruego, para que nadie crezca hasta la edad de la avaricia y el desamor.

 En voz alta de Juan Farias. Extraído del libro Hablemos de leer. Madrid: Anaya, 2002)

Cando Hitler roubou o coello rosa

Xuño 17th, 2011
Posted in Lecturas do alumnado, Narrativa
Comentarios desactivados en Cando Hitler roubou o coello rosa

AUTORA: Judith Kerr

Anna é unha nena que ten que escapar de Alemaña por culpa de Hitler. Ela, seu irmán Max e os seus pais pasan por distintos países: Suíza, Francia e Inglaterra. Teñen que marchar por ser xudeus. En Suíza vivían nunha poboación cerca de Zurich, pero tiveron que irse porque ao seu pai pagábanlle pouco. En Francia estiveron dous anos aguantando con pouco diñeiro. Por último, ao seu pai déronlle moito diñeiro por unha película e vanse todos a Londres.

Personaxes principais:

Anna é unha nena de 9 anos que medra ata os 11 o libro e aprende moito das situacións que vive. Case sempre está de bo humor.
Max ten xa 13 anos e ao principio é moi preguiceiro; despois, polas súas ganas de aprender francés, vólvese o mellor estudante.
Os país de Anna fanlle a vida máis fácil aos nenos ao non contarlles as dificultades que están pasando.

Gustoume moito o libro porque hai moitas aventuras. Vese que pasan por dificultades, pero supéranas.

ANTÓN (1º. ESO-A)

Móstrate, mestre (I): “Esto es Troya”

Xuño 16th, 2011
Posted in Actividades, Teatro
Comentarios desactivados en Móstrate, mestre (I): “Esto es Troya”

Do acto cultural celebrado no instituto o pasado venres, 10 de xuño, iremos esquecendo os detalles pero debemos gardar boa memoria do excelente labor da comunidade educativa que ano tras ano o fai posible. Entre todos amosamos unha parte do mellor de nós mesmos: un centro vivo, con interese por aprender e ensinar, rico na variedade de propostas e actividades.

Comezamos unha serie que garde a memoria gráfica do que foron esas intensas catro horas felicitando ao grupo de teatro de 1º. BAC. Dirixidos pola profesora Olga Cabalar puxeron en escena a difícil obra musical de marionetas “Esto es Troya”. Velaquí unha pequena mostra do gran nivel acadado:

Esto es Troya