O Samaín e a biblioteca

Samaín na biblioteca

A nosa biblioteca dedica este mes de novembro aos relatos de medo, nos cales aparecen todos eses seres que poboaron o imaxinario dos nosos devanceiros cando sentaban arredor do lume nas noites frías de inverno, e que seguen a poboar os nosos soños e fantasías. As ánimas en pena, as bruxas, o lobisome, as fantasmas… calquera desas personaxes poderá cobrar vida na túa imaxinación se te atreves a abrir algún dos libros que che recomendamos ou a oír algún dos relatos que se van ler durante os recreos.

Poderás observar que, neste tempo, a biblioteca presenta algún “adorno especial”. Trátase de elementos do reino vexetal que para os celtas ou para algunha outra cultura fortemente vinculada á nosa tiñan un simbolismo especial relacionado coa morte.

MAZÁS: No sahmain era moi popular o xogo de coller a mazá que aboia nun balde ou que está pendurada dun fío. Ásanse mazás e froitos secos e tamén se enterran para alimentar a alma dos antepasados.
Para os celtas, Avalon é a illa lexendaria das mazás. Dise que Avalon vén da antiga palabra “aval” que significa “mazá”. En Avalon únense dous mundos: o real e de máis alá. Avalon é a illa da vida eterna onde se dirixe o rei Arturo tras a súa morte.
Avalon lémbranos o Xardín das Hespérides, situado tamén no occidente e cuxas mazás conferían a inmortalidade.

CASTAÑAS: Os celtas crían que as castañas habitaban as almas dos mortos. Por cada castaña que comían liberábase unha alma.

GRANADA: Comer tan só un gran de granada impediulle a Perséfone saír do mundo dos Mortos onde Hades a tiña retida.

FABAS: Para os pitagóricos comer fabas estaba prohibido xa que había unha crenza de que estas contiñan a alma dos mortos.

NABOS: A noite do 31 de outubro os celtas expoñían diante das súas casas as cabezas ou caveiras dos inimigos para afastaren os malos espíritos. Este bárbaro costume reemprazouse por un nabo cultivado especialmente para a ocasión. Este nabo baleirábase, tallábanselle os ollos e a boca e poñíase dentro un facho aceso. Este nabo foi substituído por unha cabaza unha vez que esta nos chega de América.

PROGRAMA DE LECTURAS – 2º RECREO (10:25 – 10:45 horas)

Medo animal ______________Mércores, 2 de novembro

Sara e Tania (2º ESO)……….“La migala” de J.J. ARREOLA
Bernardo (2º BAC)…………….“O can danado” de C. E. FERREIRO
Emilo L. (1º BAC)…………….“O lobo” de U. NOVONEYRA
Bárbara (2º BAC)……………..“El cuento del hombre lobo” de PETRONIO

Alento do alén______________Xoves. 3 de novembro e Venres, 4 de novembro

Natalia (2º BAC)…………….”A cova dos carcamáns” de CASTELAO
Emilo M. (1º BAC)…………”Nunha igrexa da montaña” de CASTELAO
Chelo (profe)…………………”Sobre a morte do Bieito” de R. DIESTE
Vanesa e Lupa (1ºESO)… “A lenda de Jack O’Lantern”
Javier e Juan (1º ESO)…..”Os avisos da morte”, conto popular.
Emily (2º BAC)……………”Os dous irmáns”, conto popular
Gwendy (2º BAC)…………Fendetestas e Fiz de Cotovelo de “El bosque animado” W. F.FLOREZ

Pesadelos de loucura……..Venres, 4 de novembro

May (1ºBAC)………………..Texto de Vicente (1ºBAC)
Pablo (1º ESO)………………Texto propio inspirado en LOVECRAF
Alucinación colectiva

3 Responses to 'O Samaín e a biblioteca'

  1. oriori Says:

    Que magoa non poder escoitar as vosas lecturas na bblioteca. Oriori mándavos un saúdo moi, moi agarimoso e anímavos a seguir facendo as cousas así de ben. É estupendo ver que @s alumn@s de sempre seguen a participar nas actividades do centro e que novos compañeiros/as únense á festa de participar e facer que todo vaia moi xenial!.

    Parabens a tod@s aos meus compas profes e a todos os rapaces/as marabillosos de Ares e Mugardos!.

    Unha aperta de ORIORI, seguides mo meu corazonciño!

  2. Bibliomugardos Says:

    Sempre é un pracer e unha alegría ter novas túas, Oriori. Grazas polas túas palabras de ánimo. Mandámosche tamén un saúdo moi afectuoso. Unha aperta.

  3. Chelo Says:

    Pero que bonita quedou esta presentación e que boa compaña dá este lume!