Lecturas da Pandoira http://lermugardos.blogaliza.org Wed, 04 Jul 2012 20:49:42 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.1 http://lermugardos.blogaliza.org/2012/01/11/939/ Wed, 11 Jan 2012 17:26:53 +0000 http://lermugardos.blogaliza.org/?p=939 A nosa biblioteca vén de achegar o seu pequeno grao de area ao “Bubisher”. Trátase dun proxecto que comezou como un bibliobús cargado de libros e que percorre as escolas dos Campamentos de Refuxiados Saharauís. Funciona como unha biblioteca ambulante para nenos, mozos e adultos.

Na actualidade hai xa unha biblioteca fixa en construción e ten o propósito de se estender a outros campamentos.

O libro que mercamos como aportación a este proxecto solidarío é Sirenas, un fermoso álbum de Ángel González, ilustrado por Valeria Docampo.

LIGAZÓN:
http://www.bubisher.com/

 

 

]]>
Abrapalabra (nº.2) http://lermugardos.blogaliza.org/2011/12/23/abrapalabra-n%c2%ba-2/ Fri, 23 Dec 2011 11:08:04 +0000 http://lermugardos.blogaliza.org/?p=934 ]]> 10 de decembro: Día dos Dereitos Humanos http://lermugardos.blogaliza.org/2011/12/11/10-de-decembro-dia-dos-dereitos-humanos/ Sun, 11 Dec 2011 10:59:08 +0000 http://lermugardos.blogaliza.org/?p=930

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou aDeclaración dos Dereitos Humanos.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma “Coñecernos para querernos“, nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: “Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos”
* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchirبوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio… pero con rodas!!!

Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)
]]>
Fobias de “Escuela de frikis” http://lermugardos.blogaliza.org/2011/11/21/fobias-de-escuela-de-frikis/ Mon, 21 Nov 2011 21:56:47 +0000 http://lermugardos.blogaliza.org/?p=925 Cada capítulo del libro Escuela de frikis, cuya lectura recomiendo, incluye el nombre de una fobia. Aquí las he recogido todas porque me parecen muy curiosas:

  1. ABLUTOFOBIA: fobia a bañarse o lavarse.
  2. CACOFOBIA: fobia a lo feo.
  3. ASIMETROFOBIA: fobia a lo asimétrico.
  4. BELONEFOBIA: fobia de las agujas y alfileres.
  5. COROFOBIA: fobia a bailar.
  6. AGIROFOBIA: fobia a cruzar la calle.
  7. DIDASCALEINOFOBIA: fobia a ir al colegio.
  8. ARAQUIBUTIROFOBIA: fobia a que la mantequilla de cacahuete se te quede pegada en lo alto del paladar.
  9. EISOPTROFOBIA: fobia de los espejos.
  10. GELIOFOBIA: fobia de la risa.
  11. HELIOFOBIA: fobia del sol.
  12. ILINGOFOBIA: fobia del vértigo.
  13. LACANOFOBIA: fobia de las verduras.
  14. LEUCOFOBIA: fobia del color blanco.
  15. LOGICOMECANOFOBIA: fobia de los ordenadores.
  16. QUIROFOBIA: fobia a las manos.
  17. MOTEFOBIA: fobia a las polillas.
  18. NOMATOFOBIA: fobia a los nombres.
  19. NOVERCAFOBIA: fobia a la madrastra
  20. MNEMOFOBIA: fobia de los recuerdos.
  21. OCTOFOBIA: fobia del número ocho.
  22. OPTOFOBIA: fobia de abrir los ojos.
  23. PELADOFOBIA: fobia de la gente calva.
  24. HIPOPOMONSTROSESQUIPEDALIOFOBIA: fobia de las palabras largas.
  25. FASMOFOBIA: fobia de los fantasmas.
  26. CONSECOTALEOFOBIA: fobia de los palillos chinos.
  27. MASTIGOFOBIA: fobia al castigo.
  28. FOBOFOBIA: fobia de las fobias.                                    En la biblioteca

ALBERTO PÉREZ (1º ESO)

]]>
Memorias de Idhún: La Resistencia http://lermugardos.blogaliza.org/2011/11/17/memorias-de-idhun-la-resistencia/ Thu, 17 Nov 2011 21:14:38 +0000 http://lermugardos.blogaliza.org/?p=921 ¿Qué podemos decir de uno de los libros de la escritora Laura Gallego García que ya cosecha a nivel nacional e internacional una buena lista de premios. Hablamos de una de las trilogías más famosas: Memorias de Idhún.

Puede darnos la impresión, al comenzar a leer, que se trata de una historia algo infantil. Nada parecido a la realidad. Nos metemos de lleno en la vida de Jack, un joven habitante de la Tierra que un día, al volver a su casa, encuentra a sus padres muertos, junto a dos hombres que no conocía.

Jack era un niño distinto, puesto que cuando tenía menos de nueve años le ocurrieron distintos fenómenos. Si se enfurecía, cerraba los ojos y al abrirlos algunos objetos estaban en llamas. Por eso, cuando  encontró el cadáver de su madre y miró a los mismos ojos de la muerte, aparecieron Alsan y Shail. Se trata de unos jóvenes procedentes de Idhún, otro mundo, y que forman la Resistencia.

Allí, Jack conoce a Victoria, una niña de su edad, que lo apoya. Juntos vivirán muchas, muchas, muchas aventuras descubriendo quién eran esos hombres, por qué mataron a sus padres y sobre todo… ¿qué era Idhún? Si tú también lo quieres saber, apúntate a la lectura de esta aventura.

PABLO J. RAÑALES (1º ESO)

Disponible en la biblioteca

Ampliar imaxe

Memorias de Idhún I : La Resistencia / GALLEGO GARCíA, Laura
Publicación: Madrid : SM, 2009 Edición: 10ª
Materias: Aventuras-Narrativa Xuvenil


Idioma: spa: Español País: esp: España
84-675-0269-X


Estado: Dispoñible
Localización: LIJ/GAL/mem
Nº rexistro: 1864
Resume da obra
O día en que se produciu en Idhún a conxunción astral dos tres soles e as tres lúas, Ashran o Nigromante fíxose co poder naquel planeta. No noso mundo, un guerreiro e un mago exiliados de Idhún formaron a Resistencia, á que pertencen tamén Jack e Vitoria, dous adolescentes nacidos na Terra. O obxectivo do grupo é acabar co reinado das serpes aladas, pero Kirtash, un mozo e desapiadado asasino, enviado por Ashran á Terra, non llo vai a permitir…. ‘A Resistencia’ é a primeira parte da triloxía de Memorias de Idhún. Publicouse o 14 de Outubro de 2004.
]]>
Trailer de libros http://lermugardos.blogaliza.org/2011/11/06/trailer-de-libros/ Sun, 06 Nov 2011 22:57:08 +0000 http://lermugardos.blogaliza.org/?p=909

Se dubidas que libro coller en préstamo, en VeoLeo poderás buscar o trailer de lecturas dispoñibles nas súa maior parte nas bibliotecas escolares. Polo momento, a selección desta iniciativa chilena só inclúe 50 títulos pero as presentacións son moi áxiles e permiten ir abrindo boca antes de decidirnos a lelos. Aquí deixamos un exemplo:

]]>
O Samaín e a biblioteca http://lermugardos.blogaliza.org/2011/10/31/o-samain-e-a-biblioteca/ http://lermugardos.blogaliza.org/2011/10/31/o-samain-e-a-biblioteca/#comments Mon, 31 Oct 2011 19:29:51 +0000 http://lermugardos.blogaliza.org/?p=894 Samaín na biblioteca

A nosa biblioteca dedica este mes de novembro aos relatos de medo, nos cales aparecen todos eses seres que poboaron o imaxinario dos nosos devanceiros cando sentaban arredor do lume nas noites frías de inverno, e que seguen a poboar os nosos soños e fantasías. As ánimas en pena, as bruxas, o lobisome, as fantasmas… calquera desas personaxes poderá cobrar vida na túa imaxinación se te atreves a abrir algún dos libros que che recomendamos ou a oír algún dos relatos que se van ler durante os recreos.

Poderás observar que, neste tempo, a biblioteca presenta algún “adorno especial”. Trátase de elementos do reino vexetal que para os celtas ou para algunha outra cultura fortemente vinculada á nosa tiñan un simbolismo especial relacionado coa morte.

MAZÁS: No sahmain era moi popular o xogo de coller a mazá que aboia nun balde ou que está pendurada dun fío. Ásanse mazás e froitos secos e tamén se enterran para alimentar a alma dos antepasados.
Para os celtas, Avalon é a illa lexendaria das mazás. Dise que Avalon vén da antiga palabra “aval” que significa “mazá”. En Avalon únense dous mundos: o real e de máis alá. Avalon é a illa da vida eterna onde se dirixe o rei Arturo tras a súa morte.
Avalon lémbranos o Xardín das Hespérides, situado tamén no occidente e cuxas mazás conferían a inmortalidade.

CASTAÑAS: Os celtas crían que as castañas habitaban as almas dos mortos. Por cada castaña que comían liberábase unha alma.

GRANADA: Comer tan só un gran de granada impediulle a Perséfone saír do mundo dos Mortos onde Hades a tiña retida.

FABAS: Para os pitagóricos comer fabas estaba prohibido xa que había unha crenza de que estas contiñan a alma dos mortos.

NABOS: A noite do 31 de outubro os celtas expoñían diante das súas casas as cabezas ou caveiras dos inimigos para afastaren os malos espíritos. Este bárbaro costume reemprazouse por un nabo cultivado especialmente para a ocasión. Este nabo baleirábase, tallábanselle os ollos e a boca e poñíase dentro un facho aceso. Este nabo foi substituído por unha cabaza unha vez que esta nos chega de América.

PROGRAMA DE LECTURAS – 2º RECREO (10:25 – 10:45 horas)

Medo animal ______________Mércores, 2 de novembro

Sara e Tania (2º ESO)……….“La migala” de J.J. ARREOLA
Bernardo (2º BAC)…………….“O can danado” de C. E. FERREIRO
Emilo L. (1º BAC)…………….“O lobo” de U. NOVONEYRA
Bárbara (2º BAC)……………..“El cuento del hombre lobo” de PETRONIO

Alento do alén______________Xoves. 3 de novembro e Venres, 4 de novembro

Natalia (2º BAC)…………….”A cova dos carcamáns” de CASTELAO
Emilo M. (1º BAC)…………”Nunha igrexa da montaña” de CASTELAO
Chelo (profe)…………………”Sobre a morte do Bieito” de R. DIESTE
Vanesa e Lupa (1ºESO)… “A lenda de Jack O’Lantern”
Javier e Juan (1º ESO)…..”Os avisos da morte”, conto popular.
Emily (2º BAC)……………”Os dous irmáns”, conto popular
Gwendy (2º BAC)…………Fendetestas e Fiz de Cotovelo de “El bosque animado” W. F.FLOREZ

Pesadelos de loucura……..Venres, 4 de novembro

May (1ºBAC)………………..Texto de Vicente (1ºBAC)
Pablo (1º ESO)………………Texto propio inspirado en LOVECRAF
Alucinación colectiva

]]>
http://lermugardos.blogaliza.org/2011/10/31/o-samain-e-a-biblioteca/feed/ 3
Mound http://lermugardos.blogaliza.org/2011/10/31/mound/ Mon, 31 Oct 2011 09:37:17 +0000 http://lermugardos.blogaliza.org/?p=892

Mound by Allison Schulnik from garaco taco on Vimeo.

Allison Schulnik
Vía Trafegando Ronseis

]]>
Día da biblioteca (24 de outubro) http://lermugardos.blogaliza.org/2011/10/23/dia-da-biblioteca-24-de-outubro/ Sun, 23 Oct 2011 21:58:30 +0000 http://lermugardos.blogaliza.org/?p=868

ILUSTRADORA: Elena Odriozola
AUTOR DO PREGÓN: Patxi Zubizarreta

________________________________________________________

ILUSTRADORA: Emma Ríos

]]>
Comeza a HORA DE LER http://lermugardos.blogaliza.org/2011/09/30/comeza-a-hora-de-ler/ Fri, 30 Sep 2011 16:17:03 +0000 http://lermugardos.blogaliza.org/?p=859 COMEZO DA “HORA DE LER”
Luns, 3 de outubro de 2011
HORA: 3ª sesión (10:45-11:35)
Non esquezas o teu libro.

]]>