'Sen clasificar' Category

Día da biblioteca (24 de outubro)

Outubro 23rd, 2011 Outubro 23rd, 2011
Posted in Sen clasificar
Comentarios desactivados en Día da biblioteca (24 de outubro)

ILUSTRADORA: Elena Odriozola
AUTOR DO PREGÓN: Patxi Zubizarreta

________________________________________________________

ILUSTRADORA: Emma Ríos

Comeza a HORA DE LER

Setembro 30th, 2011 Setembro 30th, 2011
Posted in Sen clasificar
Comentarios desactivados en Comeza a HORA DE LER

COMEZO DA “HORA DE LER”
Luns, 3 de outubro de 2011
HORA: 3ª sesión (10:45-11:35)
Non esquezas o teu libro.

Comezamos o curso cunha boa noticia…

Setembro 18th, 2011 Setembro 18th, 2011
Posted in Sen clasificar
Comentarios desactivados en Comezamos o curso cunha boa noticia…

…pero queres sabes cal é a mala?


Vía Trafegando Ronseis

Juan Farias

Xuño 18th, 2011 Xuño 18th, 2011
Posted in Sen clasificar
Comentarios desactivados en Juan Farias
 
Desde as aulas do instituto que miran ao lonxe cara á terra de Serantes e con todo o mar que abraza Bezoucos, lembramos entristecidos ao grande escritor desta terra e deste mar, Juan Farias, falecido esta semana. 
 
 
Obras de FARIAS na nosa biblioteca
Páxina da Biblioteca Cervantes dedicada a FARIAS 
Fundación Sánchez Ruipérez

Bibliotecas de CEIP E IES de Ferrolterra

 

Un niño es algo muy serio, quizá lo más serio.
Un niño es siempre la esperanza de una revolución inteligente.
Se me hace que un hombre que deja de ser niño, no será nunca hombre, y menos aún un héroeY el Mundo, sin héroes, además de resultar aburrido, no irá a ninguna parte. 

 Enseñad a leer, os lo ruego.
Un niño que sabe leer, siempre querrá ir más lejos, más adentro por el pensamiento y las geografías.
Tengo la certeza de que la historia, el progreso, la esperanza, le deben casi todo a los sueños.

 (…)

 Enseñad a leer, por favor, enseñad a leer en los libros, en el viento, en los charcos de un día de lluvia, en el bosque y en la luz, enseñad a leer, os lo ruego, para que nadie crezca hasta la edad de la avaricia y el desamor.

 En voz alta de Juan Farias. Extraído del libro Hablemos de leer. Madrid: Anaya, 2002)

A insoportable levedade das bibliotecas escolares galegas

Xuño 1st, 2011 Xuño 1st, 2011
Posted in Sen clasificar
Comentarios desactivados en A insoportable levedade das bibliotecas escolares galegas

Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:

Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente  de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na  iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son  seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.

Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada  centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos? O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino  xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro  será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós? En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?

“En la plaza”

Maio 30th, 2011 Maio 30th, 2011
Posted in Club de lectura, Poesía, Sen clasificar
2 Comments »

EN LA PLAZA

Hermoso es, hermosamente humilde y confiante, 
    
vivificador y profundo,
sentirse bajo el sol, entre los demás, impelido,
llevado, conducido, mezclado, rumorosamente arrastrado.

No es bueno
quedarse en la orilla
como el malecón o como el molusco que quiere
      calcáreamente imitar a la roca.
Sino que es puro y sereno arrasarse en la dicha
de fluir y perderse,
encontrándose en el movimiento con que el gran corazón
      de los hombres palpita extendido.

Como ese que vive ahí, ignoro en qué piso,
y le he visto bajar por unas escaleras
y adentarse valientemente entre la multitud y perderse.
La gran masa pasaba. Pero era reconocible el diminuto
      corazón afluido.
Allí, ¿quién lo reconocería? Allí con esperanza,
      con resolución o con fe, con temeroso denuedo,
con silenciosa humildad, allí él también
transcurría.

Era una gran plaza abierta, y había olor de existencia.
Un olor a gran sol descubierto, a viento rizándolo,
un gran viento que sobre las cabezas pasaba su mano,
su gran mano que rozaba las frentes unidas y las
      reconfortaba.

Y era el serpear que se movía
como un único ser, no sé si desvalido, no sé si poderoso,
pero existente y perceptible, pero cubridor de la tierra.

Allí cada uno puede mirarse y puede alegrarse y puede
       reconocerse.
Cuando, en la tarde caldeada, solo en tu gabinete,
con los ojos extraños y la interrogación en la boca,
quieras algo preguntar a tu imagen,
no te busques en el espejo,
en un extinto diálogo en que no te oyes.
Baja, baja despacio y búscate entre los otros.
Allí están todos, y tú entre ellos.
Oh, desnúdate, y fúndete, y reconócete.
Entra despacio, como el bañista que, temeroso, con mucho
       amor y recelo al agua,
introduce primero sus pies en la espuma,
y siente el agua subirle, y ya se atreve, y casi ya se decide.
Y ahora con el agua en la cintura todavía no se confía.
Pero él extiende sus brazos, abre al fin sus dos brazos y se
      entrega completo.
Y allí fuerte se reconoce, y crece y se lanza,
y avanza y levanta espumas, y salta y confía,
y hiende y late en las aguas vivas, y canta, y es joven.

Así, entra con los pies desnudos. Entra en el hervor, en la
      plaza.
Entra en el torrente que te reclama y allí sé tú mismo.
¡Oh pequeño corazón diminuto, corazón que quiere latir
para ser él también el unánime corazón que le alcanza!

Vicente Aleixandre
De Historia del corazón.

 

Grazas a Covadonga por traernos este poema e a Natalia por recitar, pacientemente, os seus longos versículos. “En la plaza” xa foi escrito por Vicente Aleixandre en 1953, pero se o les coma se fose un 15 de maio de 2011 poderás adiviñar de que falamos esta semana no club de lectura.

“O recanto verde”, novo blog do instituto

Maio 23rd, 2011 Maio 23rd, 2011
Posted in Sen clasificar
Comentarios desactivados en “O recanto verde”, novo blog do instituto

Coa primavera agromou unha nova publicación no centro. Trátase do blog O Recanto Verde creado pola  nosa compañeira Ofelia. Ofrécenos uns textos moi coidados cheos de información e reflexións sobre cuestións relacionadas coa natureza e as ciencias naturais. Tamén atopamos imaxes das actividades que se desenvolven nas aulas para manter ten ben decorado o cortizo de educación medioambiental. Desexámoslle unha longa andaina e para iso nada mellor que visitar o novo blog e animalo cos nosos comentarios e suxestións.

http://orecantoverde.blogspot.com/

Mi familia y otros animales

Marzo 21st, 2011 Marzo 21st, 2011
Posted in Recanto Verde, Sen clasificar
Comentarios desactivados en Mi familia y otros animales

O Recanto Verde recomenda:

“Les tomé un gran cariño a aquellos escorpiones. Descubrí que eran  animales simpáticos, sencillos, de costumbres en general encantadoras. Con tal que uno no cometiera alguna tontería o torpeza (como ponerles la mano encima), los escorpiones le trataban con respeto, guiados de un único deseo: huir a esconderse cuanto antes.  Yo debía ser para ellos una auténtica cruz, porque me pasaba la vida arrancando trozos de yeso para observarlos, o capturándolos y obligándoles a caminar dentro de tarros de mermelada para ver cómo movían las patas. Gracias a mis súbitos e imprevisibles ataques al muro aprendí no poco sobre los escorpiones. Averigüé que comían moscones, saltamontes, mariposas nocturnas y típulas. Varias veces los hallé devorándose entre sí, hábito que me disgustaba sobremanera en unas criaturas por lo demás intachables.”

Gerald Durrell–  Mi familia y otros animales. Alianza editorial

Se che gustan os animais, busca as obras de DURRELL na biblioteca.

El clan del oso cavernario

Febreiro 17th, 2011 Febreiro 17th, 2011
Posted in Recanto Verde, Sen clasificar
Comentarios desactivados en El clan del oso cavernario

O Recanto Verde recomenda:

“…Cuando se enteró de los animales muertos que solían encontrar los hombres, tuvo la impresión de que nada tenían que ver con los espíritus. Incluso se preguntó si Zoug o alguno de los otros no les estarían gastando una broma. No parecía probable, pero su intuición le indicaba que las muertes eran causadas por un agente humano. También se había percatado de los cambios producidos en Ayla, cambios que debería haber reconocido ahora que lo pensaba: las mujeres no caminaban con el paso ligero del cazador, hacían ruido, y con harta razón. Más de una vez Ayla le había sorprendido al acercarse a él tan silenciosamente que no la había oído llegar. También había otras cosas, menudencias que deberían haber despertado sus sospechas.
Pero le había cegado el amor que sentía hacia ella. No se había permitido pensar siquiera que pudiera estar cazando…”

Jean M. Auel. El Clan del Oso Cavernario. Colección Los Hijos de la Tierra

Colle o teu marcapáxinas no taboleiro de Educación Medioambiental e busca esta obra na biblioteca:
82 LU
AUE 
cla

A praia dos afogados

Febreiro 6th, 2011 Febreiro 6th, 2011
Posted in Club de lectura, Sen clasificar
Comentarios desactivados en A praia dos afogados


Foi o 31 de xaneiro cando nos xuntamos para sacar punta a grandes temas do noso presente que nos trae a colación esta novela: dende a revolución do plástico (algúns levaron unha brida para a casa como marcador de lectura último modelo!) ata a “contaminación” urbanística, pasando polos problemas de comunicación dos galegos. Nada menos!
E, unha vez máis, o bo sabor de boca que nos deixou a obra viuse acompañado doutro máis: o da degustación larpeira por xentileza dun novo e doce socio!
E xa fartiños de corpo e espírito, trazamos ir todos xuntos “De librerías por Coruña” o sábado 26 de febreiro pola mañá. Quen pode pedir/dar máis?