'Premios' Category

V Concurso de Pintura Manuel Rebón

Agosto 21st, 2011 Agosto 21st, 2011
Posted in Ares-Mugardos, Plástica, Premios
Comentarios desactivados en V Concurso de Pintura Manuel Rebón


Bases

1º. PREMIO “Incubadora de Sondaxes e Experimentos”

Xuño 25th, 2011 Xuño 25th, 2011
Posted in Actividades, Matemáticas, Premios
Comentarios desactivados en 1º. PREMIO “Incubadora de Sondaxes e Experimentos”


Parabéns a Verónica, Andrés, Carlos, Carmen e Sergio de 2º. ESO  por acadar o primeiro premio no concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO. Estamos moi orgullosos porque sabemos de todo o esforzo e dedicación investido neste proxecto. Así nolo transmitiron tamén na presentación realizada no Acto Cultural “Móstrate, mestre”.
Parabéns á profesora María Martínez e a todo o departamento de Matemáticas.

XXI Concurso “Piñeiro Pose” e “Bello Piñeiro”

Febreiro 18th, 2011 Febreiro 18th, 2011
Posted in Ares-Mugardos, Plástica, Premios
Comentarios desactivados en XXI Concurso “Piñeiro Pose” e “Bello Piñeiro”

O Concello de Mugardos convoca os certames de pintura “PIÑEIRO POSE” para menores de 17 anos  e “BELLO PIÑEIRO” para maiores de 18.

XXI CONCURSO DE PINTURA “PIÑEIRO POSE ” 2011
Os/as concursantes terán un máximo de 17 anos de idade, e poderán concursar cun máximo dunha obra, única e orixinal.

  • TEMA: PAISAXE GALEGA
  • TÉCNICA: LIBRE
  • TAMAÑO MÁXIMO: 150 x 150 cm. Os cadros poderán estar enmarcados, como mínimo deberán estar protexidos cun listón e acondicionados para a súa exposición.
  • Prazo de presentación das obras: do luns 25 de abril ata o martes 10 de maio.
  • PREMIO: Haberá un único premio valorado en 900€ e dous accesit.

Ver todas as NORMAS

Premios do VIII certame de relato curto Concello de Mugardos

Novembro 24th, 2010 Novembro 24th, 2010
Posted in Ares-Mugardos, Narrativa, Premios
Comentarios desactivados en Premios do VIII certame de relato curto Concello de Mugardos

O vindeiro sábado, 27 de novembro, realizarase a entrega dos premios do VIII Certame de relato curto en galego do Concello de Mugardos. O acto terá lugar a partir das 12:00 horas no Salón de Plenos municipal. 
Velaqui os gañadores:

  • Categoría menores de 18 anos
        Tania Vázquez García  polo relato “Miña Esperanza“.
  • Categoría maiores de 18 anos
         Primeiro premio:
         Clara Isabel Rodríguez Girález por “Soñar en branco e negro“.
        
         Mención especial
         Moncho Iglesias Míguez  por “As laranxas tamén entristecen“.

Ler e escoitar

Outubro 28th, 2010 Outubro 28th, 2010
Posted in Premios
Comentarios desactivados en Ler e escoitar

Despois do duro cásting de Operación Lectura na fase de centro, xa temos os gañadores  que nos representarán no concurso “Ler e Escoitar”. Trátase do certame de lectura en voz alta convocado por primeira vez pola Consellería de Educación e ao que lle desexamos unha longa andaina de edicións sucesivas.

MODALIDADE INDIVIDUAL: Lucía Mallo de 1º. ESO.

MODALIDADE COLECTIVA: Pedro Moreira, Nuria Paz, Marta Pérez, Sara Vázquez e Carla Vila de 1.º ESO.

Á captura da lectura

Outubro 18th, 2010 Outubro 18th, 2010
Posted in Fotografía, Premios
Comentarios desactivados en Á captura da lectura

Certame de fotografía
Á CAPTURA DA LECTURA

BASES

PRIMEIRA: Poderán participar todos os alumnos e alumnas (1º, 2º, 3º, 4º de ESO; 3º e 4º de PDC; PCPI; ESA; 1º e 2º de BAC) que cursen estudos no IES de Mugardos.

SEGUNDA: As fotos terán que ser orixinais. O tema será “a lectura”. Deberán presentarse impresas en formato 10 por 15. Serán colocadas no panel que ese uso estará colocado nunha parede da aula de lectura na entrada do centro.

TERCEIRA: As fotos poderán ser montaxes ou reproducións de imaxes de calquera ámbito e procedencia.

CUARTA: O prazo de presentación rematará o 22 de decembro de 2010.

QUINTA: Haberá dous xurados: un estatá compostos por cinco profesores e o outro, por todo o alumnado que desexe participar outorgando o seu voto a unha das fotos e engadindo o seu número de lector da Biblioteca.

SEXTA: O ditame dos xurados darase a coñecer entre o 12 e o 20 de xaneiro de 2011.

SÉTIMA: Haberá dous premios (un para cada unha das fotos finalistas dos dous xurados).

OITAVA: O premio será un mp3 ou un pendrive e a súa entrega terá lugar na semana seguinte ao fallo dos xurados nun acto que se convocará oportunamente.

Convoca o Equipo de Dinamización da Biblioteca
do IES de Mugardos. 11 de outrubro de 2010.

Nobel de literatura 2010

Outubro 7th, 2010 Outubro 7th, 2010
Posted in Literatura, Premios
Comentarios desactivados en Nobel de literatura 2010


Todo sobre a vida e obra do Premio Nobel de Literatura 2010 na súa web oficial.

MVLL na nosa biblioteca