'Poesía' Category

“En la plaza”

Maio 30th, 2011 Maio 30th, 2011
Posted in Club de lectura, Poesía, Sen clasificar
2 Comments »

EN LA PLAZA

Hermoso es, hermosamente humilde y confiante, 
    
vivificador y profundo,
sentirse bajo el sol, entre los demás, impelido,
llevado, conducido, mezclado, rumorosamente arrastrado.

No es bueno
quedarse en la orilla
como el malecón o como el molusco que quiere
      calcáreamente imitar a la roca.
Sino que es puro y sereno arrasarse en la dicha
de fluir y perderse,
encontrándose en el movimiento con que el gran corazón
      de los hombres palpita extendido.

Como ese que vive ahí, ignoro en qué piso,
y le he visto bajar por unas escaleras
y adentarse valientemente entre la multitud y perderse.
La gran masa pasaba. Pero era reconocible el diminuto
      corazón afluido.
Allí, ¿quién lo reconocería? Allí con esperanza,
      con resolución o con fe, con temeroso denuedo,
con silenciosa humildad, allí él también
transcurría.

Era una gran plaza abierta, y había olor de existencia.
Un olor a gran sol descubierto, a viento rizándolo,
un gran viento que sobre las cabezas pasaba su mano,
su gran mano que rozaba las frentes unidas y las
      reconfortaba.

Y era el serpear que se movía
como un único ser, no sé si desvalido, no sé si poderoso,
pero existente y perceptible, pero cubridor de la tierra.

Allí cada uno puede mirarse y puede alegrarse y puede
       reconocerse.
Cuando, en la tarde caldeada, solo en tu gabinete,
con los ojos extraños y la interrogación en la boca,
quieras algo preguntar a tu imagen,
no te busques en el espejo,
en un extinto diálogo en que no te oyes.
Baja, baja despacio y búscate entre los otros.
Allí están todos, y tú entre ellos.
Oh, desnúdate, y fúndete, y reconócete.
Entra despacio, como el bañista que, temeroso, con mucho
       amor y recelo al agua,
introduce primero sus pies en la espuma,
y siente el agua subirle, y ya se atreve, y casi ya se decide.
Y ahora con el agua en la cintura todavía no se confía.
Pero él extiende sus brazos, abre al fin sus dos brazos y se
      entrega completo.
Y allí fuerte se reconoce, y crece y se lanza,
y avanza y levanta espumas, y salta y confía,
y hiende y late en las aguas vivas, y canta, y es joven.

Así, entra con los pies desnudos. Entra en el hervor, en la
      plaza.
Entra en el torrente que te reclama y allí sé tú mismo.
¡Oh pequeño corazón diminuto, corazón que quiere latir
para ser él también el unánime corazón que le alcanza!

Vicente Aleixandre
De Historia del corazón.

 

Grazas a Covadonga por traernos este poema e a Natalia por recitar, pacientemente, os seus longos versículos. “En la plaza” xa foi escrito por Vicente Aleixandre en 1953, pero se o les coma se fose un 15 de maio de 2011 poderás adiviñar de que falamos esta semana no club de lectura.

Lois Pereiro

Maio 16th, 2011 Maio 16th, 2011
Posted in Lingua, Literatura, Poesía
1 Comment »

Presentación realizada polos alumnos e alumnas de 1º. ESO.

 

Vídeo promocional da Consellería de Educación:

 

17 de maio from culturavideos on Vimeo.

Gloria aos nenos e á oliveira

Febreiro 4th, 2011 Febreiro 4th, 2011
Posted in Poesía
2 Comments »

Nos expurgos e recolocacións das bibliotecas, sempre apareceren obras sorprendentes.  Desas que malia telas que retirar dunha biblioteca escolar, reforzan de idea de Cervantes de que “Non hai libro tan malo que non conteña nada bo”.

Entre o po retiramos esta semana un libriño do ano 1972 titulado Literatura infantil en Egipto e publicado daquela polo Instituto Hispano-Árabe de Cultura.  Corenta anos despois formará parte do  almacén de libros especiais, non sen antes descubrirmos o gran poeta iraquí que abre o libriño con este poema para ler en clave de actualidade exipcia:

Gloria aos nenos nas noites de anguria
e nas tendas de campaña.

Gloria ás oliveiras na terra da paz,
Aos pequenos paxaros que buscan na terra
do meu campo.

Gloria aos poetas e aos escritores
amantes da vida.

Aos que manteñen hoxe a loita do destino,
e aos que esmagan a man dos tiranos.

Gloria aos doentes sobre os leitos
de bágoas.

E ás mulleres oprimidas.

Ás nais.

Abdel-Wahhab Al-Bayati (1926–1999)

Poesía e matemáticas

Xaneiro 19th, 2011 Xaneiro 19th, 2011
Posted in Matemáticas, Poesía
Comentarios desactivados en Poesía e matemáticas

O OPEN MATEMÁTICO que podes seguir no blog do departamento sorprendeunos nesta primeira xornada cunha cuadratura do círculo baseada  no poema  “Roda” do catalán Joan Brossa:

Unha boa homenaxe ao gran artista catalán para lembrar precisamente este 19 de xaneiro o seu aniversario. A el de seguro que lle encantaría ver a súa obra nun torneo que busca a resolución de problemas matemáticos e concédelle especial importancia á beleza das respostas (ver bases).

Podes ver máis  “poemas obxecto” coma estes na ligazón: http://www.joanbrossa.org/

Dousmilonce

Decembro 29th, 2010 Decembro 29th, 2010
Posted in Literatura, Poesía, Sen clasificar
Comentarios desactivados en Dousmilonce

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O poeta LOIS PEREIRO (Monfore de Lemos, 1958 – A Coruña 1996) foi elixido pola Real Academia Galega para ser homenexado este ano.  Con só dous poemarios publicados en vida, vai dar moito que falar, ler e ver este ano. Para ir abrindo boca, en Son de poetas (antoloxía de poesía galega musicada) pódese escoitar este magnifico poema de amor e morte, dous temas principais da súa obra:

Explórote cos ollos

Explórote cos ollos
descúbrote por dentro
profanando o teu sangue que levo ó meu desexo
paséome por ti
examino os teus procesos
orgánicos
mátote e morro en ti
máis docemente

ou mellor
inocúlame ti a min
veleno dos teus dentes
mergúllate no meu sangue
inxéctate nas veas
que te observan

e xa doente dóeme
a túa dor no teu desexo
berrando en cada óso
e a túa norte
mátame e resucítame
para ó final
morrerme

morre en min
sobrevive
letal amor
que nunca perde
o alentó
coa súa sede de amor
e os seus cinco
sentidos.

 PEREIRO, Lois, Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995). Edicións Positivas, 1995.

 Ligazón: http://loispereiro.blogaliza.org/
Procedencia da imaxe

“…no mar do mundo cada dia descobria eu unha ilha”

Outubro 30th, 2010 Outubro 30th, 2010
Posted in Poesía
Comentarios desactivados en “…no mar do mundo cada dia descobria eu unha ilha”

Tal día como hoxe de hai cen anos, naceu Ricardo Carvalho Calero. Así poetiza o Ferrol da súa infancia.

FERROL  1916

Cinco duros pagábamos de aluguer.
Era um terceiro andar, bem folgado.
Pola parte de atrás dava para o Campinho,
e por diante para a rua de Sam Francisco.

No segundo vivia a minha tia aboa:
Tiña unha peza cheia de paxaros disecados
que só abria os dias de festa
para que os nenos disfrutásemos nela.

Ainda vivia minha mãe
e todos os meus irmaos viviam,
e em frente trabalhava o senhor Pedro o tanoeiro,
e a grande tenda de efeitos navais mantinha o seu trafego.

Na casa tinhamos pombas
e, por suposto, un grande gato mouro;
e o meu pai era novo ainda
e no mar do mundo cada dia descobria eu unha ilha.

Via o mar da minha fiestra,
e chegavam cornetas da marinha.
E baixava os degraus duas vezes ao dia para ir à escola,
e duas vezes rubia-os de volta.

As mulheres entom usavam capa e corsé,
e íamos à aldeia em coche de cavalos,
e a rua estava ateigada de pregons de sardinhas
e de ingleses que vendiam Bíblias.

Eu tinha un pacto con Deus:
que ninguén dos meus morreria.
E o pacto era observado,
e eu confiaba na perenidade do pacto.

Todo isto fica tam longe
que aduro podo ainda lembrá-lo.
Esqueceria-o dentro de pouco tempo
se non escrebese estes versos.

Programa de actividades