'Matemáticas' Category

1º. PREMIO “Incubadora de Sondaxes e Experimentos”

Xuño 25th, 2011 Xuño 25th, 2011
Posted in Actividades, Matemáticas, Premios
Comentarios desactivados en 1º. PREMIO “Incubadora de Sondaxes e Experimentos”


Parabéns a Verónica, Andrés, Carlos, Carmen e Sergio de 2º. ESO  por acadar o primeiro premio no concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO. Estamos moi orgullosos porque sabemos de todo o esforzo e dedicación investido neste proxecto. Así nolo transmitiron tamén na presentación realizada no Acto Cultural “Móstrate, mestre”.
Parabéns á profesora María Martínez e a todo o departamento de Matemáticas.

Poesía e matemáticas

Xaneiro 19th, 2011 Xaneiro 19th, 2011
Posted in Matemáticas, Poesía
Comentarios desactivados en Poesía e matemáticas

O OPEN MATEMÁTICO que podes seguir no blog do departamento sorprendeunos nesta primeira xornada cunha cuadratura do círculo baseada  no poema  “Roda” do catalán Joan Brossa:

Unha boa homenaxe ao gran artista catalán para lembrar precisamente este 19 de xaneiro o seu aniversario. A el de seguro que lle encantaría ver a súa obra nun torneo que busca a resolución de problemas matemáticos e concédelle especial importancia á beleza das respostas (ver bases).

Podes ver máis  “poemas obxecto” coma estes na ligazón: http://www.joanbrossa.org/

Blog de matemáticas

Xaneiro 13th, 2011 Xaneiro 13th, 2011
Posted in Ciencia, Informática, Matemáticas, Sen clasificar
Comentarios desactivados en Blog de matemáticas

O instituto amplía desde esta semana a súa presenza na rede co novo blog do departamento de Matemáticas. Comeza co anuncio do inminente concurso de fraccións no OPEN MATEMÁTICO deste curso. Pouco a pouco irá ampliando os seus contidos.

http://www.matematicasiesmugardos.blogspot.com/

Inauguración do reloxo de sol

Outubro 4th, 2010 Outubro 4th, 2010
Posted in Ciencia, Ensino, Matemáticas
Comentarios desactivados en Inauguración do reloxo de sol

O profesor de matemáticas e sacerdote italiano Alberto Cintio inaugurou hoxe o reloxo sol colocado na parede exterior do instituto orientada ao leste. A instalación salienta polo seu orixinal deseño e completa información que achega.

A continuación puidemos asistir a unha interesante conferencia na que deixou constancia da súa fonda paixón pola astronomía e a transmisión dos coñecementos. Na súa charla houbo  constantes referencias á cultura clásica e outros datos matemáticos, históricos, xeográficos e lingüísticos.

O funcionamento do reloxo está dispoñible no documento elaborado polo departamento de matemática que ademais completou todo a información cunha exposición sobre difentes tipos de reloxos solares no corredor central do instituto. Mañá poderemos ler as crónicas e ver as fotos da prensa que cubriu o acto.

Dossier de prensa
Diario de Ferrol

Foto Diario de Ferrol