'Literatura' Category

Trailer de libros

Novembro 6th, 2011 Novembro 6th, 2011
Posted in Literatura, Vídeos
Comentarios desactivados en Trailer de libros

Se dubidas que libro coller en préstamo, en VeoLeo poderás buscar o trailer de lecturas dispoñibles nas súa maior parte nas bibliotecas escolares. Polo momento, a selección desta iniciativa chilena só inclúe 50 títulos pero as presentacións son moi áxiles e permiten ir abrindo boca antes de decidirnos a lelos. Aquí deixamos un exemplo:

O Samaín e a biblioteca

Outubro 31st, 2011 Outubro 31st, 2011
Posted in Actividades, Literatura
3 Comments »

Samaín na biblioteca

A nosa biblioteca dedica este mes de novembro aos relatos de medo, nos cales aparecen todos eses seres que poboaron o imaxinario dos nosos devanceiros cando sentaban arredor do lume nas noites frías de inverno, e que seguen a poboar os nosos soños e fantasías. As ánimas en pena, as bruxas, o lobisome, as fantasmas… calquera desas personaxes poderá cobrar vida na túa imaxinación se te atreves a abrir algún dos libros que che recomendamos ou a oír algún dos relatos que se van ler durante os recreos.

Poderás observar que, neste tempo, a biblioteca presenta algún “adorno especial”. Trátase de elementos do reino vexetal que para os celtas ou para algunha outra cultura fortemente vinculada á nosa tiñan un simbolismo especial relacionado coa morte.

MAZÁS: No sahmain era moi popular o xogo de coller a mazá que aboia nun balde ou que está pendurada dun fío. Ásanse mazás e froitos secos e tamén se enterran para alimentar a alma dos antepasados.
Para os celtas, Avalon é a illa lexendaria das mazás. Dise que Avalon vén da antiga palabra “aval” que significa “mazá”. En Avalon únense dous mundos: o real e de máis alá. Avalon é a illa da vida eterna onde se dirixe o rei Arturo tras a súa morte.
Avalon lémbranos o Xardín das Hespérides, situado tamén no occidente e cuxas mazás conferían a inmortalidade.

CASTAÑAS: Os celtas crían que as castañas habitaban as almas dos mortos. Por cada castaña que comían liberábase unha alma.

GRANADA: Comer tan só un gran de granada impediulle a Perséfone saír do mundo dos Mortos onde Hades a tiña retida.

FABAS: Para os pitagóricos comer fabas estaba prohibido xa que había unha crenza de que estas contiñan a alma dos mortos.

NABOS: A noite do 31 de outubro os celtas expoñían diante das súas casas as cabezas ou caveiras dos inimigos para afastaren os malos espíritos. Este bárbaro costume reemprazouse por un nabo cultivado especialmente para a ocasión. Este nabo baleirábase, tallábanselle os ollos e a boca e poñíase dentro un facho aceso. Este nabo foi substituído por unha cabaza unha vez que esta nos chega de América.

PROGRAMA DE LECTURAS – 2º RECREO (10:25 – 10:45 horas)

Medo animal ______________Mércores, 2 de novembro

Sara e Tania (2º ESO)……….“La migala” de J.J. ARREOLA
Bernardo (2º BAC)…………….“O can danado” de C. E. FERREIRO
Emilo L. (1º BAC)…………….“O lobo” de U. NOVONEYRA
Bárbara (2º BAC)……………..“El cuento del hombre lobo” de PETRONIO

Alento do alén______________Xoves. 3 de novembro e Venres, 4 de novembro

Natalia (2º BAC)…………….”A cova dos carcamáns” de CASTELAO
Emilo M. (1º BAC)…………”Nunha igrexa da montaña” de CASTELAO
Chelo (profe)…………………”Sobre a morte do Bieito” de R. DIESTE
Vanesa e Lupa (1ºESO)… “A lenda de Jack O’Lantern”
Javier e Juan (1º ESO)…..”Os avisos da morte”, conto popular.
Emily (2º BAC)……………”Os dous irmáns”, conto popular
Gwendy (2º BAC)…………Fendetestas e Fiz de Cotovelo de “El bosque animado” W. F.FLOREZ

Pesadelos de loucura……..Venres, 4 de novembro

May (1ºBAC)………………..Texto de Vicente (1ºBAC)
Pablo (1º ESO)………………Texto propio inspirado en LOVECRAF
Alucinación colectiva

Lois Pereiro

Maio 16th, 2011 Maio 16th, 2011
Posted in Lingua, Literatura, Poesía
1 Comment »

Presentación realizada polos alumnos e alumnas de 1º. ESO.

 

Vídeo promocional da Consellería de Educación:

 

17 de maio from culturavideos on Vimeo.

Ti creas a historia

Febreiro 23rd, 2011 Febreiro 23rd, 2011
Posted in Actividades, Lingua, Literatura, Plástica
Comentarios desactivados en Ti creas a historia

 

Hoxe tivemos unha clase diferente con Anxo Fariña, o autor dos Megatoxos. Con el puxémonos a crear… Quizais pareza pouca cousa o debuxiño da caixa que fixemos, pero onde antes non había nada foron aparecerendo ducias de caixas diferentes. E o máis importante, agora sabemos que podemos buscar sen esforzo o noso propio “elemento aleatorio“, sabemos como comezar a traballar cunha “táboa de personaxes“, sabemos que podemos crear a nosa propia historia…  E con todas as que lle fagamos chegar por correo electrónico (megatoxos@megatoxos.com), Anxo creará un cómic no que poderemos compartir as nosas creacións.

Agora, ti tes o poder de crear. Cre(a) en ti.

LIGAZÓNS
Páxina de Anxo Fariña:
http://www.migranha.com/
Blog dos Megatoxos: http://megatoxos.blogspot.com/
Correo electrónico: megatoxos@megatoxos.com
Outros: http://www.linguagalega.tv/

Dousmilonce

Decembro 29th, 2010 Decembro 29th, 2010
Posted in Literatura, Poesía, Sen clasificar
Comentarios desactivados en Dousmilonce

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O poeta LOIS PEREIRO (Monfore de Lemos, 1958 – A Coruña 1996) foi elixido pola Real Academia Galega para ser homenexado este ano.  Con só dous poemarios publicados en vida, vai dar moito que falar, ler e ver este ano. Para ir abrindo boca, en Son de poetas (antoloxía de poesía galega musicada) pódese escoitar este magnifico poema de amor e morte, dous temas principais da súa obra:

Explórote cos ollos

Explórote cos ollos
descúbrote por dentro
profanando o teu sangue que levo ó meu desexo
paséome por ti
examino os teus procesos
orgánicos
mátote e morro en ti
máis docemente

ou mellor
inocúlame ti a min
veleno dos teus dentes
mergúllate no meu sangue
inxéctate nas veas
que te observan

e xa doente dóeme
a túa dor no teu desexo
berrando en cada óso
e a túa norte
mátame e resucítame
para ó final
morrerme

morre en min
sobrevive
letal amor
que nunca perde
o alentó
coa súa sede de amor
e os seus cinco
sentidos.

 PEREIRO, Lois, Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995). Edicións Positivas, 1995.

 Ligazón: http://loispereiro.blogaliza.org/
Procedencia da imaxe

Club de lectura para pais e nais

Outubro 13th, 2010 Outubro 13th, 2010
Posted in Club de lectura, Literatura
Comentarios desactivados en Club de lectura para pais e nais

Nobel de literatura 2010

Outubro 7th, 2010 Outubro 7th, 2010
Posted in Literatura, Premios
Comentarios desactivados en Nobel de literatura 2010


Todo sobre a vida e obra do Premio Nobel de Literatura 2010 na súa web oficial.

MVLL na nosa biblioteca