'Lingua' Category

Feliz Día das Letras

Maio 17th, 2011 Maio 17th, 2011
Posted in Actividades, Lingua
1 Comment »

 Autocolante editado polo Equipo de Dinamización Lingüística.

Lois Pereiro

Maio 16th, 2011 Maio 16th, 2011
Posted in Lingua, Literatura, Poesía
1 Comment »

Presentación realizada polos alumnos e alumnas de 1º. ESO.

 

Vídeo promocional da Consellería de Educación:

 

17 de maio from culturavideos on Vimeo.

Ti creas a historia

Febreiro 23rd, 2011 Febreiro 23rd, 2011
Posted in Actividades, Lingua, Literatura, Plástica
Comentarios desactivados en Ti creas a historia

 

Hoxe tivemos unha clase diferente con Anxo Fariña, o autor dos Megatoxos. Con el puxémonos a crear… Quizais pareza pouca cousa o debuxiño da caixa que fixemos, pero onde antes non había nada foron aparecerendo ducias de caixas diferentes. E o máis importante, agora sabemos que podemos buscar sen esforzo o noso propio “elemento aleatorio“, sabemos como comezar a traballar cunha “táboa de personaxes“, sabemos que podemos crear a nosa propia historia…  E con todas as que lle fagamos chegar por correo electrónico (megatoxos@megatoxos.com), Anxo creará un cómic no que poderemos compartir as nosas creacións.

Agora, ti tes o poder de crear. Cre(a) en ti.

LIGAZÓNS
Páxina de Anxo Fariña:
http://www.migranha.com/
Blog dos Megatoxos: http://megatoxos.blogspot.com/
Correo electrónico: megatoxos@megatoxos.com
Outros: http://www.linguagalega.tv/

Foro Mugardos Lingua e Sociedade

Setembro 29th, 2010 Setembro 29th, 2010
Posted in Ares-Mugardos, Lingua
Comentarios desactivados en Foro Mugardos Lingua e Sociedade

A Fundación Carlos Casares porá en marcha a vindeira semana o denominado Foro Mugardos Lingua e Sociedade. Desenvolverase os días 8 e 9 de outubro, no Pazo de Rilo, co título O prestixio social do galego.

Entre os seus obxectivos figura reflexionar sobre o estado actual da nosa lingua e analizar algúns casos semellantes. Para iso conta coa presenza de relatores procedentes de prestixiosas universidades europeas no eido da sociolingüística.

Para inscribirse de xeito gratuíto tan só hai que remitir un correo electrónico a info-arroba-fundacioncarloscasares.org cos datos dos interesados (nome completo, DNI, teléfono, localidade de orixe e ocupación)  ou chamar ao número de teléfono 986 225 785.

Programa