'Fotografía' Category

Reiventando a historia

Maio 28th, 2011 Maio 28th, 2011
Posted in Actividades, Fotografía
Comentarios desactivados en Reiventando a historia

II CONCURSO DE NARRATIVA E POESÍA

 Reinventando a historia

PARTICIPACIÓN: Poden participar todos os alumnos do centro. 

MODALIDADES: Narrativa e poesía acompañados dunha fotografía anterior ó ano 1950. O texto debe facer referencia, dalgún xeito, á imaxe da fotografía que se presenta.

  • Poesía (extensión mínima 10 versos, máxima 2 folios, por unha soa cara. Letra Arial 12 e con dobre espazo entre as liñas).
  • Narrativa (extensión mínima 1 folio, máxima 5 folios, por unha soa cara. Letra Arial, tamaño 12 e a dobre espazo).

PRESENTACIÓN: Os traballos deberán ser orixinais e inéditos e estar escritos en lingua galega.
No texto presentado e tamén na fotografía (que pode vir escaneada ou fotocopiada a cor) figurará tan só o título da composición. Isto acompañarase dun sobre pechado que levará por fóra o mesmo título da composición e dentro os datos do autor: nome, apelidos e curso.

PREMIOS: Un MP4 para cada modalidade. O xurado pode, se así o considera, outorgar accésits ou declarar deserto o premio.

XURADO: Estará composto por tres profesores ou membros do Equipo de Dinamización Lingüística.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o día 6 de xuño na Conserxería.

IES de MUGARDOS
Equipo de Dinamización Lingüística.
Curso 2010-2011.

Fotos da Guerra Civil na Casa da Xuventude de Ares

Xaneiro 25th, 2011 Xaneiro 25th, 2011
Posted in Ares-Mugardos, Exposicións, Fotografía, Historia
Comentarios desactivados en Fotos da Guerra Civil na Casa da Xuventude de Ares
A Casa da Xuventude de Ares acolle ata o 7 de febreiro a mostra “Hermanos Mayo. La Guerra Civil Española”.  Trátase dun cento de imaxes inéditas da Guerra Civil realizadas polos fotógrafos galegos integrantes do colectivo Hermanos Mayo: os irmáns Paco, Cándido e Julio Souza Fernández e os tamén irmáns Faustino e Pablo del Castillo Cubillo.
Estas fotografías, que durante máis de sete décadas estiveron nos arquivos da Biblioteca Nacional e nos últimos meses están a percorrer os diferentes municipios da provincia.
Son imaxes en branco e negro dos combatentes da 43 División, dos presos republicanos no cárcere de Carabanchel, das trincheiras do Ebro, do fronte de Guadalaxara e de Madrid, ás que se suman outras que reflexan a realidade social do país en guerra.
A exposición poderá visitarse no horario de apertura da Casa da Xuventude; é dicir, de martes a xoves de 10.00 a 14.00 horas, e os venres, sábados e domingos, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.
A entrada é libre e de balde.
 
Vía: Concello de Ares

Á captura da lectura

Outubro 18th, 2010 Outubro 18th, 2010
Posted in Fotografía, Premios
Comentarios desactivados en Á captura da lectura

Certame de fotografía
Á CAPTURA DA LECTURA

BASES

PRIMEIRA: Poderán participar todos os alumnos e alumnas (1º, 2º, 3º, 4º de ESO; 3º e 4º de PDC; PCPI; ESA; 1º e 2º de BAC) que cursen estudos no IES de Mugardos.

SEGUNDA: As fotos terán que ser orixinais. O tema será “a lectura”. Deberán presentarse impresas en formato 10 por 15. Serán colocadas no panel que ese uso estará colocado nunha parede da aula de lectura na entrada do centro.

TERCEIRA: As fotos poderán ser montaxes ou reproducións de imaxes de calquera ámbito e procedencia.

CUARTA: O prazo de presentación rematará o 22 de decembro de 2010.

QUINTA: Haberá dous xurados: un estatá compostos por cinco profesores e o outro, por todo o alumnado que desexe participar outorgando o seu voto a unha das fotos e engadindo o seu número de lector da Biblioteca.

SEXTA: O ditame dos xurados darase a coñecer entre o 12 e o 20 de xaneiro de 2011.

SÉTIMA: Haberá dous premios (un para cada unha das fotos finalistas dos dous xurados).

OITAVA: O premio será un mp3 ou un pendrive e a súa entrega terá lugar na semana seguinte ao fallo dos xurados nun acto que se convocará oportunamente.

Convoca o Equipo de Dinamización da Biblioteca
do IES de Mugardos. 11 de outrubro de 2010.