'Exposicións' Category

Fotos da Guerra Civil na Casa da Xuventude de Ares

Xaneiro 25th, 2011 Xaneiro 25th, 2011
Posted in Ares-Mugardos, Exposicións, Fotografía, Historia
Comentarios desactivados en Fotos da Guerra Civil na Casa da Xuventude de Ares
A Casa da Xuventude de Ares acolle ata o 7 de febreiro a mostra “Hermanos Mayo. La Guerra Civil Española”.  Trátase dun cento de imaxes inéditas da Guerra Civil realizadas polos fotógrafos galegos integrantes do colectivo Hermanos Mayo: os irmáns Paco, Cándido e Julio Souza Fernández e os tamén irmáns Faustino e Pablo del Castillo Cubillo.
Estas fotografías, que durante máis de sete décadas estiveron nos arquivos da Biblioteca Nacional e nos últimos meses están a percorrer os diferentes municipios da provincia.
Son imaxes en branco e negro dos combatentes da 43 División, dos presos republicanos no cárcere de Carabanchel, das trincheiras do Ebro, do fronte de Guadalaxara e de Madrid, ás que se suman outras que reflexan a realidade social do país en guerra.
A exposición poderá visitarse no horario de apertura da Casa da Xuventude; é dicir, de martes a xoves de 10.00 a 14.00 horas, e os venres, sábados e domingos, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.
A entrada é libre e de balde.
 
Vía: Concello de Ares

Viaxe polas cores de Monet

Decembro 3rd, 2010 Decembro 3rd, 2010
Posted in Educación Plástica, Exposicións
1 Comment »

Paga moito a pena facer a viaxe dixital da Exposición
“Claude Monet (1840-1926)”.