'Ciencia' Category

O moucho, ave do ano

Marzo 11th, 2011 Marzo 11th, 2011
Posted in Ciencia, Recanto Verde
Comentarios desactivados en O moucho, ave do ano

A Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/Birdlife) elixiu por primeira vez unha rapaz noctura como Ave do Ano 2011. Trátase do moucho común (Athene noctua). Na última década esta especie viu reducido o seu número de exemplares de xeito acelerado debido aos cambios nos hábitats rurais. Este ano é unha boa ocasión para coñecer o moucho e outras rapaces como a curuxa que a pouco que investigues e preguntes descubrirás doadamente entre nós, tamén en Mugardos.

Blog de matemáticas

Xaneiro 13th, 2011 Xaneiro 13th, 2011
Posted in Ciencia, Informática, Matemáticas, Sen clasificar
Comentarios desactivados en Blog de matemáticas

O instituto amplía desde esta semana a súa presenza na rede co novo blog do departamento de Matemáticas. Comeza co anuncio do inminente concurso de fraccións no OPEN MATEMÁTICO deste curso. Pouco a pouco irá ampliando os seus contidos.

http://www.matematicasiesmugardos.blogspot.com/

MMXI

Decembro 28th, 2010 Decembro 28th, 2010
Posted in Ciencia, Sen clasificar
Comentarios desactivados en MMXI

2011 pode ser un gran ano. Esta é só  una pequeña enumeración de asuntos sobre os que se falará nos vindeiros meses:

ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES

Co lema “Os bosques, para as persoas” a ONU quere chamar a atención sobre a mutua dependencia da poboación mundial e as fragas. O propio logotipo enxalza os valores dos bosques como fornecedores de vivenda, alimentos, medicamentos, auga, estabilizadores do clima e o mantemento da diversidade biolóxica.

Ligazón:
http://www.un.org/en/events/iyof2011/

ANO INTERNACIONAL DA QUÍMICA
Declarado pola ONU para repararmos nas contribucións da química no benestar da humanidade. En especial será a celebración da contribución das mulleres á ciencia pois coincide co centenario da concesión do premio Nobel de Química a Marie Curie que se sumaba ao Nobel de Física recibido anos antes.
Ligazón: http://www.chemistry2011.org/

ANO DA INVESTIGACIÓN EN ALZHÉIMER
A Fundación Pasqual Maragall e a Fundación Raíña Sofía pulan poloa iniciativa Alzheimer Internacional 2011 co obxectivo de concienciar sobre a importancia de fomentar a investigación científica no ámbito das doenzas neurodexenerativas.
Ligazón: http://www.alzheimerinternacional2011.org

Viaje al interior de una placa de Alzheimer from Alzheimer 2011 on Vimeo.

(Continuará)

Inauguración do reloxo de sol

Outubro 4th, 2010 Outubro 4th, 2010
Posted in Ciencia, Ensino, Matemáticas
Comentarios desactivados en Inauguración do reloxo de sol

O profesor de matemáticas e sacerdote italiano Alberto Cintio inaugurou hoxe o reloxo sol colocado na parede exterior do instituto orientada ao leste. A instalación salienta polo seu orixinal deseño e completa información que achega.

A continuación puidemos asistir a unha interesante conferencia na que deixou constancia da súa fonda paixón pola astronomía e a transmisión dos coñecementos. Na súa charla houbo  constantes referencias á cultura clásica e outros datos matemáticos, históricos, xeográficos e lingüísticos.

O funcionamento do reloxo está dispoñible no documento elaborado polo departamento de matemática que ademais completou todo a información cunha exposición sobre difentes tipos de reloxos solares no corredor central do instituto. Mañá poderemos ler as crónicas e ver as fotos da prensa que cubriu o acto.

Dossier de prensa
Diario de Ferrol

Foto Diario de Ferrol